![]()
introducción │ Este espacio é unha xanela dende a que difundi-las experiencias vividas polos emigrantes galegos en primeira persoa.
A profesora Mª Pilar Freire Esparís recolle a testemuña de D. Domingo Freire Neo sobre a súa experiencia como emigrante en Holanda, na década dos sesenta. A cercanía do entrevistado e a Profesora farán da entrevista un achegamento a vida cotiá da emigración.
entradiña│ Fai xa máis de trinta anos que, Domingo Freire emigrou a Holanda, non estivo moitos anos ali como otros emigrantes, pero a sua memoria, é axil para lembrarse de todalas experiencias e intercambios dos anos que pasou na emigración, así o trasmite, como si o lector estivéra tamen ali con él. Compara o trato que recibiu en Holanda co que recibiran outros emigrantes galegos en América. Este home aperto o futuro, opina positivamente sobre a inmigración porque "..todolos países que recibiron emigración foron para arriba".
LEER ENTREVISTA LEER ENTREVISTA ANTERIOR
ENTREVISTA Volver
![]()
¿En que ano marchou?
No 1964.
¿Estaba casado?
Si.
¿Xa tiña fillos?
Si.
¿Cantos tiña?
Dous.
¿Cantos anos tiña vostede?
Trinta e catro.
¿Con quen quedaron a vivir a súa muller e os seus
fillos?
Cos meus pais.
¿A que país emigrou?
A Holanda.
¿Porqué a ese país?
Porque había alí uns veciños e animaronme a ir. Ademáis o cambio da moeda
daquela estaba ben. Tamén estaba pensando en emigrar a Francia pero decidín
Holanda porque había alí máis veciños.
¿En que medio de transporte foi a Holanda?
En tren, desde Santiago.
¿Cómo foi a viaxe?
Moi ben, ainda que bastante preocupado porque na nosa vida nunca sairamos de
España, pero dixerannos que non iamos ter problema porque, por exemplo, en
Francia había que facelo transbordo dunha estación a outra había unhas muchachas
cunha banderita española, que nos dirixiramos a elas e que nos informarian. Así
sucedeu, fixemolo transbordo e a Holanda.
¿De onde sairon?
De Santiago.
¿A onde chegaron?
A Roterdam.
Durante
a viaxe, ¿fixeron paradas?
Si, o tren fixo varias paradas pequenas pero o transbordo non se fixo ata chegar
a París. E de París a Holanda tampouco fixemos ningún outro transbordo.
Cando
chegaron a Holanda, ¿qué fixeron?
Fomos
a unha pensión dos italianos, que se chamaba precisamente “Los italianos”
e eran unha xente que tiñan bar e daban pensión. Traballaban cos emigrantes xa
que mentras non atopaban traballo axudanban alí e non lles cobraban nada. Nos
fomos dirixidos alí porque nos mandaron os nosos veciños.
Despois
de chegar a esa pensión ¿qué máis fixeron?
A nos dixeronnos os nosos veciños que esperaramos nesa pensión a que eles
viñeran a recollernos. Entón estivemos unha noite e ó seguinte día pola mañan
non apareceron a recollernos, parecianos que se olvidaran de nos e arrancamos,
un veciño e máis eu, en dirección a Miuden un puebliño cercano a
Amsterdam, fomos pola tarde, chegamos alá e fixose de noite. Perdemonos,
quedamonos solos no medio dun parque e intentamos coller de volta o tren a
Amsterdan, ainda que de Amsterdan a ese pobo foramos en autobus, pero non fomos
capaces e ó final conseguimos coller o autobús cara Amsterdam e de alí fomos a
Roterdam.
¿Recorda canto lle custou a viaxe?
Non recordo exactamente, pero creo que sobre 8.000 pesetas.
¿Era a primeira vez que saía ó extranxeiro?
Si.
¿Por qué decidiu ir a Holanda?
Porque estaban outros veciños e pola situación económica que había aquí en
España.
Na
súa familia, ¿outras persoas emigraron con anterioridade?
Si.
¿Quen? ¿a dónde?
Meu pai que emigrou a Cuba, e meu irmán que emigrou a Venezuela no ano 1955,
aproximadamente.
¿Puido esto influir na súa decisión de emigrar?
Non.
¿Quen o acompañaba?
Un cuñado meu, un veciño de Urdilde e outro de Vioxo. En total eramos
catro.
No
tren, ¿atoparon máis xente que emigraba?
Si, caseque todos eramos emigrantes.
¿De que lugares eran esas persoas?
Non poido dicilo concretamente, pero creo que de todas partes, porque subiamos
no tren e non te atopabas máis que maletas de emigrantes.
¿Levaba cartos?
Poucos
¿Recorda que cantidade?
Non sei, serian tres ou catro mil pesetas.
¿As persoas que lle serviron de contacto, buscaronlle traballo
alí?
Si.
¿Tiveron que facer moito papeleo para poder ir?
Non, porque fomos como turistas xa que non mandaban contrato para aquí. Chegamos
alí e fixerononnos unhas pruebas porque había que saber leer e escribir,
fixeronnos cubrir uns formularios e ahí xa se comprobaba quen sabía e quen non.
Os que non sabían leer e escribir, nesa empresa xa o rechazaban. Nos cubrimolo,
superamos a prueba e ingresamos na empresa. Incluso nos facian probas de
saude.
¿Axudou vostede a algunha outra persoa para poder
emigrar?
Si, a algún veciño.
¿Levaba idea de canto tempo ia quedar?
Non tiña idea.
¿Había moita diferencia entre os dous países?
Moita, porque aquí estabamos coa dictadura, nos ignorabamos o mala que era e
demonos conta ó chegar a Holanda e ver o ambiente que había alí.
Unha cousa parecida sigue existindo ainda pois seguimos estando bastante
atrasados con respecto a eles. Naquel momento chegamos alí e pensamos que aquela
xente tiña o problema resuelto porque tiñan a educación dos fillos solucionada,
tiñan seguridade social e nos prescindiamos de todo iso. Entón xa era moita a
ventaxa que tiñan sobre nos.
¿Cantos anos estivo vostede en Holanda?
Tres anos e medio.
Nese
tempo, ¿veu algunha vez a España?
Si, todolos anos vin un mes de vacacións.
¿En que traballou?
Nunha empresa siderúrxica.
¿Sempre no mesmo sitio ou en fábricas diferentes?
Sempre na mesma empresa.
O
posto de traballo, ¿era sempre o mesmo?
Si, fundamentalmente traballaba cunha máquina que cortaba planchas de
ferro.
E
¿os horarios?
Eu, concretamente, traballaba a tres turnos. Tamén había dous turnos ou catro
turnos. O de tres turnos era: durante a semana oito horas cada día, unha semana
de 6 da mañan a 2 da tarde, outra semana de 2 da tarde a 10 da noite e outra de
10 da noite a 6 da mañan. A semana que traballamos de noite terminabamos o
sabado ás 6 da mañan, entrabamos o luns ás 2 da tarde.
¿Onde residia?
Nunha pensión da empresa. Era un barco anclado nun canal que estaba ó lado da
empresa e viviamos nese barco que se chamaba “Arosa Sun”.
¿Había máis emigrantes alí?
Si, moitos. Non poido dicir exactamente a porcentaxe que había na empresa pero
nese momento a empresa contaba cuns 18.000 obreros e moitos deles eran
emigrantes. Había moitos andaluces, valencianos, extremeños e galegos.
¿Cando descansaba?
Por exemplo, a semana que traballaba de noite
acababamos o sábado ás 6 de mañán e ata o luns ás 2 da tarde non
volviamos empezar a traballar. Este era o momento máis longo de descanso,
precisamente, por traballar esa semana no turno de noite. O fin de semana
tiñamolo sempre de descanso excepto cando entrabamos a traballar no turno de
noite que empezabamos o domingo ás 10 da noite.
Nos
días libres, ¿qué facia?
Nos domingos iamos a misa e pasear en bicicleta polos campos. Faciamos unha vida
de emigrante moi económica, o que era normal xa que tiñamos aquí a muller e os
fillos. Do que se trataba era de aforrar ó máximo e gastar o mínimo: a comida
dabannola na pensión, a roupa encargabase a empresa de lavarnola e de feito o
único gasto que tiñamos era tomar uns botes de leite que había nunhas máquinas
da empresa, era unha leite sabrosisima e estaba fresca polo que sentaba moi ben
xa que alí facía moita calor por traballar nas planchas quentes de ferro. Pero
non o comprabamos porque costaba 10 céntimos cada bote. Outro exemplo é que o
café costaba 10 céntimos, tomábamos unha cerveza que costaba 25 céntimos pero si
devolviamos o casco
dabannos 10 céntimos, entón non había un só casco en toda a pensión. O
que faciamos era acumular catro ou cinco cascos e cando tiñamos os suficientes
para todos iamos tomar café co diñeiro que nos daban, un café por cada
casco.
¿Iba con outros emigrantes por alí?
Si, sobre todo con familiares, cun cuñado meu e co irmán del.
O
seu cuñado, ¿traballaba no mesmo sitio?
Si.
¿Cómo estaban os soldos?
Alí, en Holanda, moi ben, moito mellor que en España.
¿Cada canto tempo enviaba diñeiro?
Enviabamos obligatoriamente, porque nos obligaba a empresa e o goberno holandés,
como mínimo 60 floríns cada mes dirixidos á muller en España. Ese xiro non
costaba nada e se queriamos xirar todo o que ganabamos podiamos facelo por ese
medio. Pero os 60 floríns eran obligatorios para que a familia aquí en España
non estivese abandonada, xa que había casos de emigrantes que únicamente
enviaban esa cantidade porque era obligatorio senon non houbesen enviado
nada.
¿Cómo o enviaba? Por
medio do banco. Do banco holandes non recordo o nome pero o español era o Banco
Pastor.
¿Cómo foi acollido pola poboación holandesa?
Extraordinariamente ben.
¿Cómo eran os holandeses?
Eran extraordinarios no trato co emigrante, nunca escoitei alí nada de
discriminación respecto ó emigrante. Fomos acollidos sempre como se fosemos
fillos do país, sen distinción de ningún tipo especialmente no traballo que era
onde nos máis nos relacionabamos. Non había distinción nin para alemáns, nin
para españoles, nin para holandeses.
¿Cómo era a súa forma de vida? En
relación ás comidas non lles envidiabamos nada. Era un sistema de alimentación
moi distinto ó noso pero nos solucionabamolo ben porque na pensión dabannos
comida española. De todas formas eles dician que o seu sistema de comidas era
moi bo para a saude pero si un galego ós invitaba a un cocido, iban e comian
carne e caldo e non se acordaban do tema de cuidarse. Sin embargo, diariamente
facian unha única comida sobre as cinco da tarde e o resto do día só tomaban
bocadillos. Este era o único aspecto no que nos podiamos superalos. En cambio,
atopabanse orgullosos de ter unhas vivendas cunhas condicións moito mellores que
as que tiñamos en España.
¿Chegaron a ofrecerlle vivenda en Holanda?
Si, fixeronnos unha encuesta na empresa preguntandonos si nos interesaría
quedarnos alí, en Holanda, e incluso si nos interesaría levar a familia; dixemos
que non, e contestaronnos que pola vivenda non habería ningún problema xa que o
goberno holandés estaría encantado en proporcionala.
¿En que invertiu os cartos que gañou en Holanda?
Maioritariamente en comprar uns terreniños en Santiago e despois construir unha
casa cando poidemos.
Alí,
en Holanda, ¿estaba integrado nalgunha asociación ou grupo que o apoiase se tiña
algun problema?
Non,
alí non. Creo
que en Roterdam e en Ansterdam si habia, pero nos estabamos nun puebliño que non
tiña, pero normalmente tampouco se precisaba apoio debido a que os holandeses
atendiannos moi ben.
¿Non había centros onde reunirse?
Bueno, había unha casa que se chamaba “Casa Nostra”, que era dos italianos, onde
nos reuniamos sobre todo os domingos, alí faciase a misa en español, tamén había
unhas máquinas de música que tiñan música española, pero como centro non
existía.
¿Había centro galego ou español?
Non, neste pobo non.
Entón,
se tiña un problema ¿a quen acudía?
Alí eu non tiven ningún tipo de problema no traballo. Si recordo que dous días
despois de chegar a Holanda presentouseme unha dor de moas tremendo e eu non
sabía falar nada o holandés, nin a onde tiña que ir, nin o que era a seguridade
social. Pero empregando sinais coas mans fun preguntando ata que localicei un
dentista, sacoume a moa, moi amablemente, como si fose aquí e asunto arreglado.
De todas formas, foi moito problema por ser recien chegado alí e non entender
nada o idioma.
¿Qué idioma falaba alí?
O español e o galego.
¿Tivo problemas co idioma?
Si, tiven moitos deseos de falar o holandés. Non chegei a aprendelo porque non
valia a pena pasar moito traballo para aprendelo porque ó fin e o cabo estabamos
de paso xa que a familia estaba aquí en España.
Os
compañeiros que levaban máis tempo, ¿defendianse mellor co idioma?
Non, únicamente os rapaces máis novos que eran máis despreocupados, ian ós
bailes por alí, tiñan máis relación cos holandeses e aprenderon algo máis do
idioma.
¿Axudaronlle a vostede?
Non.
¿Cando regresou a España?
No ano 1968.
¿En que medio viaxou?
Cando viña de vacacións viaxei en avión e cando vin
definitivamente tamén en avión.
¿Cómo se comunicaba coa súa familia?
Por carta, telefóno non había.
¿Foi duro deixar a familia?
Moito, moito, moito.
¿Porqué decidiu volver a España?
Pola familia e porque fixose a concentración parcelaria, entregaron as fincas e
empezou aquí o cambio, precisamente, nese momento.
¿Tivo que facer algún papeleo para volver?
Non. O único a destacar é que tiven unha entrevista con autoridades da empresa,
non sei porqué motivo, pero fixeronme varias preguntas e unha delas era se ia
traballar en España por conta propia ou por conta allea, contesteilles que ia
traballar na gandeiría por conta propia e os holandeses deronlle moito merito ó
feito de traballar por conta propia.
¿Costoulle volver a integrarse na vida que levaba en
Galicia?
Non, porque só foron catro anos os que estiven fora.
¿Cobra unha pensión polo tempo que estivo en Holanda?
Si.
¿Canto lle pagan?
Dez mil pesetas cada mes.
¿Cree que é suficiente polo tempo que estivo alí?
Creo que sí porque os holandeses son moi honrados, entón, si merecera máis, máis
me darian.
¿Arrepintese de ser emigrante? Non,
porque nese momento requeriao así a situación, pero tampouco lle deseo a ninguen
que sexa emigrante.
¿Qué aprendeu sendo emigrante?
Moitas cousas. Por exemplo, vivin esa diferencia entre os dous países, España e
Holanda. Vivin con outra xente, con alemáns, por exemplo, que vimos alí que eran
superintelixentes, e sin embargo, algúns deles traballaron como peóns nosos.
Traballamos con xente de moitos países, había un Indonesio que era amigo noso,
dos galegos, e tomabamos café xuntos na empresa, porque nas horas de traballo
dabannos no medio da xornada media hora para tomar café. Él acercabase a nos
porque falaba un pouco galego, ou mellor dito o portugués, xa que traballou
moito embarcado e andou con portugueses. Ata o extremo no que un día estabamos
tratando de venderlle algo, non recordo o que era, e dixonos “Carallo, eso é moi
caro”. A nos pareceunos moi curioso escoitarlle a un Indonesio estas
palabras.
¿Qué pensa vostede da actual inmigración que estamos sufrindo en
España?
Creo que é positiva, porque todolos países que recibiron emigración foron para
arriba e todolos países que daban emigrantes estaban en mala situación
económica. Ademáis, estos inmigrantes non están moi ben tratados agora en España
e nos, que tamén saimos polo mundo, chegamos a Holanda e non houbo nada de
discriminación. Isto agradecemolo moito e comprendemolo agora vendo a esta xente
que son máis ou menos como fomos nos cando tivemos que emigrar. Unha cousa
parecida sucedeu cando chegaron antes a América.
¿Pensa vostede que a emigración a América tivo un tratamento
parecido á emigración a Europa?
Posiblemente os emigrantes que foron a América sufriron máis discriminación
porque eu estiven un mes de vacacións en Venezuela visitando a meu irmán e alí
xa vin detalles que eran terribles. Por exemplo, estando nun bar, sen estar
ninguen borracho, era moi frecuente escoitar “gallego vete para Galicia” ou
cousas ainda máis fortes.
![]()
este │ espacio es una ventana desde donde difundir las experiencias vividas por los emigrantes gallegos en primera persona. La profesora Mª Pilar Freire Esparís recoge el testimonio de D. Domingo Freire Neo sobre su experiencia como emigrante en Holanda, en la década de los sesenta. La cercanía del entrevistado y la profesora harán de esta entrevista un atajo a la vida cotidiana de la emigración.
perfil │Domingo Freire nació en Luaña ( Brión) y se dedicó durante toda su vida a la ganadería y a su explotación familiar, salvo los años que estuvo en Holanda (de 1964 a 1968), trabajando en la industria siderúrgica. Domingo destaca la gran diferencia que encontró entre la España y la Holanda de los años sesenta, que no recuerda con tristeza, más allá de la nostalgia de sus hijos y su esposa. Hoy está jubilado y vive en Luaña.
Estas entrevistas serán presentadas en el idioma original que este caso es el gallego.
LEER ENTREVISTA LEER ENTREVISTA ANTERIOR