![]()
CEEPAM é un sitio na Rede dirixido á
comunidade científica internacional que traballa no ámbito dos estudios
migratorios e da movilidade da poboación.
A pegada que unha
tradición migratoria plurisecular foi deixando na conformación dalgunhas
comunidades e territorios, a súa propia conciencia histórica de país de
emigración ou inmigración segundo os casos, foi en ocasións un poderoso
aliciente á hora de constituír centros de documentación e de estudio que
abordan unha problemática cada vez máis necesitada da achega de traballos e
investigacións rigorosas e precisas. Nesta perspectiva, sendo Galicia unha
comunidade de intensa e dilatada tradición migratoria, constitúe un escenario
socialmente idóneo e un espacio de referencia privilexiado para encabezar un
proxecto como o representado por CEEPAM,
vinculado academicamente ás universidades galegas, se ben, a súa
materialización foi posible gracias ó apoio e á participación decidida de
recoñecidos investigadores españois e estranxeiros que sumaron os seus esforzos a unha iniciativa
destas características.
En CEEPAM Migracions temos dedicado un
esforzo especial á creación e desenvolvemento dun centro de documentación sobre as migracions en Galicia.