Revista de Población y Migraciones

Normas de Publicación       

 NORMAS PARA A ADMISIÓN DE ORIXINAIS

 

Os artigos e notas que se propoñan para a súa publicación haberán de axustarse ás normas que seguen:

 

1.     A extensión máxima dos traballos presentados non deberá exceder de 25 páxinas (2250, 2300 caracteres incluidos espacios,verdana 10 ) ;nestas páxinas, nas que se incluirán gráficos, cadros, mapas e bibliografía, estarán numeradas e mecanografadas nunha soa cara a dobre espacio. Xunto á copia mecanografada en papel entregarase outra en diskette de 3,5 pulgadas especificando o programa  empregado. Preferiblemente word

 

2.     Cada texto debe ir acompañado dunha páxina que conteña o título do traballo, nome do autor/a, enderezo completo, incluíndo o do centro de traballo, teléfono, e-mail e un breve currículum vitae. Acompañarase tamén dun resumo (Abstract), non superior a 100 palabras, que reflicta claramente o contido do traballo e dun máximo de 8 palabras clave (Key words), en español e máis en  inglés.

 

3.     Para as referencias bibliográficas os autores optarán pola mención en texto do apelido do autor, data e páxina, con remisión a unha bilbiografía final das obras citadas.

Para este sistema utilizaranse as parénteses no texto na seguinte orde: (APELIDO, ano, páxina ou páxinas das que se trate). Acompañarase, neste caso, dunha lista bibliográfica final, por orde alfabética). Cando as obras dun autor/a aparezan no mesmo ano, engadirase á data unha letra (a, b, c, etc.).

 

4.     Os traballos recibidos remitiranse á consideración de dous avaliadores anónimos.

 

5.     Os traballos deberán enviarse a:

 

MIGRATIO. Revista de Población y Migraciones

Remitirase unha copia por correo electrónico a un dos seguintes  enderezos:

Cepam@cepam.org

himxrg@usc.es

 

6.     Copyright

Os textos publicados son propiedade intelectual dos seus autores e da revista, poidendo ser utilizados sempre que se cite o autor e a publicación. Para calquera outro uso deberá pedirse autorización ós editores da revista.