AS RELACIONS ENTRE GALICIA E AUSTRALIA. DE "TERRA INCOGNITA" A  MERCADO PROMETEDOR

Mª Xosé  Rodríguez Galdo  e Abel Losada Álvarez

 

1. Galicia, un país de vellos  emigrantes.

 

 2. Galegos cara a terra  la Terra Australis Incognita.

 

 3. Presencia en Australia dun galego singular.  O bispo. Fr. Rosendo Salvado.

 

4. Australia, país de inmigración. As singularidades da presencia gallega na emigración española a Australia.

 

 5. Panorámica  actual das relacións económicas entre Galicia e Australia.

Concebiramos este traballo como un primer achegamento o estudio das relacións establecidas entre Galicia e Australia durante un periodo próximo xa  os cincocentos  anos. Unha consideración de tempo tan longa que pode sorprender, inicialmente, tratándose dun país como Australia que "iniciou a  sua historia europea" case nas postrimerías do século  XVIII. Para os investigadores das incursions españolas polo Pacífico non representa polo contrario  algunha  novedade Baseándonos   precisamente nos seus  estudios, nunhas páxinas preliminais  particularizamos a  acción de mariños e navegantes galegos, adentrados nos  Mares do Sur na percura  de terras ignoradas para  europeos do seu tempo, detendonos particularmente ná arribada ás costas de Australia da nave San Lesmes,  que salira da Coruña  un lonxano 24 de xullo de 1525.   Realizamos ó primeiro unha breve presentación de Galicia como país de emigración, unha terra de forte tradición marítima e vocación atlántica, que proxectará tamén a  súa  presencia nás  expedicions promovidas pola coroa española a través do  Pacífico.

Continuamos despois có estudio da presencia e  realizacións dun galego singular, como Rosendo Salvado, naquel país austral; para, tras unha presentación de Australia como país de inmigración, centrarnos nas singularidades da presencia galega dentro da emigración española a aquel continente, e mostrar finalmente una panorámica das actuais relacions económicas entre Australia e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Desentraña- los por qués de la presencia en aquel país austral de marinos, colonizadores, empresarios, evanxelizadores ou emigrantes procedentes de Galicia, unha terra situada case nas  antípodas daquel, no  Finisterre Atlántico que pecha  o noroeste da Península Ibérica, é o  obxetivo central deste traballo. Mostrar como as disparidades de espacio, tamaño o distancia, no supuxeron un obstáculo insalvable para que galegos de distintas épocas compartíran precisas e definidas experiencias históricas, no coñecidas  dabondo, tanto con antiguos como con actuais habitantes das, por tanto tiempo, míticas terras de Australia. Experiencias que constitúen unha parte do  patrimonio histórico de ambalas dúas  terras e que integran hoxe o  seu respectivo acervo cultural

 

 

 

  Galicia un país de vellos emigrantes

O territorio que actualmente denominamos Galicia, a terra máis occidental do Continente europeo, a vella Finis Terrae dos romanos, constituíu ata ben avanzada a Alta Idade Media un foco de atracción de sucesivas vagas humanas que procedentes do Norte e o Centro de Europa, do resto da península e do continente africano se foron asentando no seu espacio xeográfico e modelando a persoalidade étnica dun pobo. Nos séculos finais do quinto milenio antes de Cristo, ó tempo que se estaba a producir a moi paseniña implantación da primeira sociedade campesiña, emerxe o fenómeno megalítico, caracterizado no aspecto arquitectónico polos seus complexos funerarios, que se manterá en plena vixencia ata finais do terceiro milenio. Abrése agora o tempo do chamado Grupo galaico de arte rupestre ó aire libre, os petroglifos galaicos que amosan unhas características marcadamente propias. No limiar do século X a. C. sitúase a xénese, lenta e irregular pero definitiva, do fenómeno castrexo, co que este siñifica de progresiva sedentarización da poboación. Pódese afirmar que o mundo castrexo supón a primeira e definitiva fixación coñecida da poboación galaica ó territorio.

 

 

  Sobre o sedimento vivo e protohistórico da cultura castrexa superpúxose a romanización, que se inicia coa primeira presencia das tropas de Roma aló polo ano 137 a. C. Nace a nova Gallaecia  na que a partir do ano 409-10 irrompirán os suevos instalándose na antiga provincia romana e creando un reino independente ata a súa incorporación ó reino visigodo. No decorrer do tempo arribaron ata as costas galegas os bretóns, que xa aparecen documentados no século VI,  máis tarde os musulmáns (s. VIII) e tras deles os normandos (s. IX). Pero esta tendencia a ser terra de aluvión humano comeza a crebarse xa no ecuador da Alta Idade Media (s. VIII), período no que é posible documentar xa a saída de xentes do país cara outros territorios intrapeninsulares. Principia así a tomar corpo, de forma incipiente pero no sucesivo xa ininterrompida, unha corrente traslativa cara o exterior que se irá intensificando e consolidando co paso dos anos ata acadar insospeitadas dimensións ó chegar á contemporaneidade.

 

Do medioevo arranca o primeiro ciclo da emigración galega, que polo destino dos seus efectivos humanos recibirá o nome de intrapeninsular. Abrangue cando menos ata ben avanzado o século XIX e mesmo pervive  no XX,  aínda que rexistrando variacións e desfases intraterritoriais. Tres son os destinos predominantes dos emigrantes galegos neste primeiro ciclo, Castela, Andalucía e Portugal por orde de importancia e prelación cronolóxica. E dúas as variantes que presenta: unha de carácter estacional ou anduriña, en consonancia co ciclo agrario, e outra de duración máis delongada, sen chegar adoito a se converter en definitiva. Aquela con dirección fundamentalmente ós asentamentos rurais para realizar tarefas agrícolas, e esta con destino a núcleos urbanos para desempeñar oficios que non requerían cualificación.

 

O segundo ciclo, coñecido como transoceánico ou americano en razón do destino maioritario dos que se ausentan, abranguerá dende, alomenos, finais do século XVIII ata o solpor da década dos cincuenta ou o abrente dos sesenta da actual centuria .

 

E o terceiro ciclo leva o rótulo de continental ou europeo, sendo o máis curto de todos eles pero tamén o máis torrencial, extendéndose dende os anos sesenta ata o ecuador dos setenta, tamén deste século. Este coesixte coa emigración ás áreas máis industrializadas de España (Madrid, Cataluña, País Vasco).

 

Esta etapificación do fenómeno migratorio en Galicia, que se establece atendendo á dirección maioritaria dos seus fluxos demográficos, non pode inducirnos a ignorar, sen embargo, a participación dos galegos na carreira de Indias dende o seu abrente, senón máis ben a relativizar a súa presencia.

 

De feito, pódese afirmar e acreditar de xeito documental que dende as primeiras viaxes de Cristobal Colón e a inmediata conquista e colonización de América Galicia estivo presente naquel continente. Pero esa presencia nos primeiros tempos foi máis ben modesta, ou case diríamos que tan só testemuñal. Así nolo confirman os datos recabados de diversas fontes demográficas polo hispanista Boyd-Bowman e os extraídos dos Libros de Asiento de Pasajeros da Casa de Contratación de Sevilla. Do Índice elaborado por Boyd-Bowman despréndese que dos cinco mil catrocentos oitenta e un colonizadores que partiron de España con destino a Indias entre os anos 1493 e 1519 unicamente cento once eran de orixe galega; isto é un 2,02% do total. Mentres, por exemplo, os andaluces tiñan unha representación do 39,63% e os casteláns no seu conxunto acadaban o 26,82%. Menor é aínda o cupo relativo dos galegos nas dúas décadas seguintes (1520-1539), xa que descende ó 1,45%. E nas dúas posteriores a penas frisa o 0,8%. Globalmente para todo o século XVI, a cifra dos poboadores galegos sitúase en seiscentos sesenta e sete e a súa cota non supera a taxa do 1,25%. Á súa vez, no Catálogo de Pasajeros a Indias, dun  total de 36.568 rexistros coñecidos para o intervalo de 1509 a 1599 só trescentos setenta e cinco aparecen identificados como galegos; é dicir, un 1,02%. Cómpre matizar, non obstante, que se carece de información tocante ós pasaxeiros de varios anos e que ademais unha parte moi considerable dos inscritos figura nos asentamentos sen procedencia coñecida. Canda outras, ámbalas dúas lagoas informativas imposibilitan determina-lo volume exacto ou mesmo aproximado do continxente de galegos que nestas datas aurorais fixo a travesía. Así e todo, combinando os datos que ofrece Boyd-Bowman e os procedentes da Casa de Contratación hispalense, José Luis Ante Felez estima en oitocentos trinta e oito o número de galegos que pasaron a Indias entre 1493 e 1599, o que viría significar un 1,61% do total de emigrantes peninsulares no citado período. Á marxe deste cómputo ficarían aínda os que se ausentaban clandestinamente, que poderían representar o triple dos emigrantes rexistrados. Aínda aceptando esta xenerosa que non inverosímil hipótese, Anta Felez considera que a emigración real de Galicia a América na primeira centuria tralo Descubrimento non debeu supera-lo 3,8% do monto peninsular.

 

As cifras anteriores, mesmo as máis abultadas e optimistas, corroboran a febleza dos fluxos migratorios galegos ó Novo Mundo na súa etapa inicial. Máis que nada se se compara coa participación dos habitantes doutras áreas territoriais de España nas expedicións do momento –sobre todo Andalucía, Estremadura e Castela- e máis aínda coa propia presencia hexemónica de Galicia na corrente tres séculos máis tarde. Con todo, non convén esquecer que unha das naos Colombinas, capitana do Descubremento – a Santa María ou La Gallega-, fóra construída en asteleiros galegos e, tralo embarrancamento da mesma, cos seus restos erixiuse o Fuerte de la Navidad, primeiro asentamento español en América. Tamén cómpre mencionar que o porto galego de Baiona (Pontevedra) foi o primeiro da península en ter coñecemento do Novo Mundo por mor da arribada a el da carabela Pinta capitaneada por Martín Alonso Pinzón. E merece ser salientado que no segunda viaxe de Colón acompaña ó Almirante o noiés Sebastián de Ocampo, que fixo a primeira medición da illa de Cuba en 1508. Como veremos, a participación dos galegos nas expedicións do Atlántico e o Pacífico Sur foi destacada e merece outro capítulo

 

Malia as modestas magnitudes que exhibe a corrente galega transoceánica neste primeira hora, hai dous fitos institucionais que merecen ser saubliñados no tocante ás relacións entre Galicia e América no decurso do século XVI. O primeiro é a instalación en 1522 da Casa de Contratación de la Especiería na cidade portuaria máis importante de Galicia, A Coruña, co obxectivo prioritario de atopar unha nova rota occidental ás illas Molucas. Parte a primeira expedición con rumbo á América Septentrional en marzo de 1525. Os resultados da mesma na esfera económica foron inapreciables, pero dende o punto de vista xeográfico, valiosos e interesantes posto que permitiu cartografiar a franxa costeira entre Terranova e Florida. Da Coruña saíron aínda outras tres expedicións que ó cabo resultaron accidentadas e parcialmente fallidas. Especial relevancia reviste a segunda expedición capitaneada por García Jofre de Loaysa. Das srte naves iniciais coas que partira da Coruña tan só unha, a Santa María de la Victoria, chega ata as illas Molucas, mentres que a San Lesmes, desviada da flota que logra pasar o Estreito de Magallanes, protagoniza o episodio singular de arribar ás costas australianas.

 

A Casa de Contratación coruñesa tivo unha vida moi efémera, ó renunciar o rei español Carlos I ás Molucas, a prol dos portugueses, polo Tratado de Zaragoza de 1529.

 

 E o segundo fito é a autorización para o comercio indiano dos portos da cidade herculina (A Coruña) e de Baiona en 1529 –canda outros seis portos da Coroa-, privilexio que estivo en vigor ata o ano 1573, o que posibilitaba manter legalmente relacións mercantís co Novo Continente e abría unha vía máis accesible para o traslado de emigrantes cara América; isto último alomenos ata 1561, en que se prohibiu de xeito explícito o traslado de pasaxeiros. Sen embargo, non hai constancia expresa de que se fixera uso da licencia outorgada.

 

Pouco sabemos da presencia dos galegos en Filipinas, pero si do labor desenvolvido  naquelas terras polo gobernador Gómez Pérez das Mariñas, que principia o seu mandato en 1590 e o remata coa súa tráxica morte en 1593.

 

En canto ó século XVII, as referencias acerca dos galegos que cruzaron o Atlántico son aínda moito máis fragmentarias e imprecisas, co que resulta imposible aventurar cifras siquera estimativas dos fluxos migratorios transoceánicos durante esta centuria. De tódolos xeitos non existen indicios que evidencien nin que permitan dexergar mutacións significativas en canto ás magnitudes da dinámica migratoria transoceánica respecto do século anterior. Aprécianse, en cambio, variacións cualitativas que afectan á composición interna do continxente humano desprazado, pois, como xa anticipou no seu día Luisa Cuesta (1932) nun traballo pioneiro sobre a materia, “en el siglo XVII, ya no son los gallegos que cruzan el Atlántico pobres emigrantes, anónimos casi siempre, sino que se trata de una cruzada espiritual de la civilización”. E engade: “Se pide a las Universidades gente notable en Ciencias y Santidad, para enviarlas en peregrinación de cultura a regir los Obispados y las Audiencias de Indias”.

 

Efectivamente, revisando a nómina parcial dos galegos identificados que pasaron a Indias e residiron aló durante esta centuria, constátase a presencia de cinco virreis: García Sarmiento de Sotomayor, Diego Osorio y Escobar, José Sarmiento de Valladares,  Gaspar de Zúñiga y Acevedo, e Pedro Antonio Fernández de Castro y Andrade (os tres primeiros ostentaron o Virreinato de Nueva España, e o primeiro e os dous últimos, o de Perú), frente a só un (Gaspar de Zúñiga y Acevedo, virrei de Nueva España) no século anterior e tres no seguinte (José Antonio de Mendoza Caamaño y Sotomayor –Perú-, Pedro de Castro y Figueroa –Nueva España-, Francisco Gil de Taboada y Lemos –Nueva Granada e logo Perú_). Sen saír do século dazasete, procedían tamén de Galicia oito prelados (Diego Evelino de Compostela, Mateo Segade y Bugueiro, Diego Osorio de Escobar y Llamas, Francisco de Aguiar y Seijas, frei Sebastián de Ocando, frei Francisco de Sotomayor, Alonso de la Peña Rivas y Montenegro, y Sancho de Figueroa y Andrade) e numerosos altos cargos funcionariais (gobernadores, capitáns xenerais, oidores, xuristas, fiscais, alcaldes, oficiais reais, correxidores, etc.) designados pola Corona e que sen dúbida desenvolveron unha acción influínte na remodelación da sociedade receptora. Así e todo, o que máis chama a atención é a nutrida nómina de clérigos, misioneiros e frades de diversas congregacións relixiosas (cos franciscanos á cabeza) que fixeron a travesía dende Galicia a terras americanas. Os eclesiásticos configuraron o grupo estamental maioritario nesta fase do proceso colonizador, imprimíndolle ó mesmo o carácter de cruzada espiritual e cultural. Este feito, con independencia das súas implicacións de todo signo para a poboación indíxena, tivo tamén importantes contrapartidas de tipo positivo para os residentes na metrópole, pois revertiu en beneficio das propias ordes relixiosas e doutras institucións radicadas en Galicia ás que os membros daquelas se atopaban vinculados. Non é casual que deste século daten precisamente as primeiras remesas escolares debidas á iniciativa dos indianos galegos, e que moitos destes indianos precursores pertenzan ó clero ou estean relacionados dunha maneira moi estreita con el, como permite inferi-lo destino que lle confiren ós seus aportes.

 

Durante o século XVIII a emigración intrapeninsular de tipo estacional ou de estadía intermedia, con dirección a Castela, Andalucía e Portugal, continúa ostentanto unha clara hexemonía en Galicia fronte á variante transoceánica, que, alomenos na primeira metade desa centuria, presentaba aínda perfís de corrente feble e minoritaria. Non obstante, no decurso deste século e singularmente no percorrido do seu derradeiro tercio, os fluxos demográficos ultramarinos de extracción popular experimentaron unha notoria intensificación, amosando por vez primeira riscos de incipiente torrencialidade como tímido preludio da súa configuración ulterior en forma de éxodo masivo. Esta densificación e reorientación da corrente quizais teña que ver coas crises agrarias de finais do século e de mediados do XIX, e cos desaxustes entre os recursos agrarios existentes e a poboación que deles vivía. O transvase humano a Indias adopta ademais unha nova modalidade, complementaria da vixente ata eses momentos de carácter fundamentalmente individual. Trátase dunha emigración baixo a variante de desprazamento colectivo e tutelado, con fins repoboadores e a instancias do Estado. Esta nova modalidade migratoria atopa a súa expresión máis palmaria nas Expedicións de Familias organizadas e promovidas pola Administración Colonial para poboar as rexións ermas e ata inhóspitas do Río da Plata e da Patagonia, co dobre propósito de neutraliza-la expansión dos portugueses por aqueles territorios e evita-las incursións do inimigo francés e inglés.

 

A primeira expedición desta natureza –que ó cabo resultou fallida para os galegos_ data de 1725. Pero será contra finais da década dos 70 cando a iniciativa acade o seu punto máis sobranceiro saíndo do porto da Coruña ata doce expedicións entre os anos 1778 e 1784. De todas elas, a que maior resonancia historiográfica acadou foi a datada en 1778, que tiña como destino previsto a Patagonia, se ben finalmente a maioría  dos pasaxeiros recalou en terras do Uruguai e nos arredores de Bos Aires, esparexéndose os seus compoñentes por diversas vilas e aldeas, abandonados á súa sorte, víctimas do fracaso da experiencia e somerxidos no máis absoluto desamparo. Nas doce expedicións saídas da Coruña participaron mil novecentas cincuenta e seis persoas, arribando a Montevideo mil novecentas vinteunha; cincocentos dezasete dos embarcados eran orixinarios de Galicia. Como se pode apreciar, a empresa tivo moi tímida acollida entre os galegos, pouco afeitos e aínda nada proclives á emigración familiar con perspectivas de asentamento definitivo fóra do seu solar natal.

 

Así mesmo, cómpre engadir que as relacións entre Galicia e o Novo Continente se afianzaron ó longo da segunda metade do Século das Luces por mor da concesión á cidade herculina, en 1764, do monopolio dos Correos Marítimos coas Indias, compartido con Cádiz (Andalucía). A materialización desta prerrogativa contribuíu a xerar un fluído intercambio mercantil entre o porto coruñés e os do Río da Plata e Nova España principalmente. O feito tería crucial importancia para o despegue comercial e marítimo da Coruña e tamén para unha relativa dinamización económica de toda a comunidade galega, que por esta vía quedaba inserida na rede do tráfico colonial. A empresa, así e todo, tivo curta duración posto que a penas superou os tres lustros en réxime de monopolio (1764-1778) e, se ben franqueou amplamente o cambio de século en réxime de comercio libre (1778-1818), fíxoo xa no marco dunha conxuntura de aguda e insolventable crise. Con posterioridade ó da Coruña, outros portos galegos foron habilitados para comerciar con América: o de Vigo en 1773 de forma restrictiva coas Antillas e a partir de 1783 de forma libre, e o de Ferrol en 1785.

 

A continuidade da corrente migratoria ordinaria de carácter popular, tanto controlada como clandestina; o seu reforzamento coas expedicións de familias, e a reapertura do comercio colonial directo entre Galicia e América, canda outras circunstancias como as levas militares para engrosa-lo exército español con destino a Indias, fixeron posible o incremento da presencia humana galega en diversas rexións do  Continente  americano durante o século XVIII. Probas disto e da conciencia diferencial e solidaria que gradualmente van adquirindo os ausentes radicados no exterior son as colectividades que de forma sucesiva constitúen nos seus principais asentamentos. A Real Congregación del Apóstol Santiago dos naturais e orixinarios do Reino de Galicia con sede en México foi a primeira en tomar corpo, quedando aprobadas as súas Constitucións por cédula do monarca datada o 6 de febreiro de 1768. En 1790 fúndase en Bos Aires outra confraría homóloga. E nos anos de tránsito entreséculos emerxerán novas réplicas destas corporacións noutras latitudes da América continental e insular. Coa implantación destas entidades iníciase a protohistoria do asociacionismo galego en América, un fenómeno de extraordinaria significación polas súas realizacións e implicacións de todo tipo, con grande proxección nos dous espacios territoriais da Galicia escindida, como ten corroborado a investigación recente.

 

A primeira metade (ou o primeiro tercio) do século XIX representa un período de transición entre a etapa configurativa dos movementos migratorios ultramarinos de raíz popular (que nen tan siquera a constitución das novas repúblicas americanas logrou cortar) e a etapa do éxodo transoceánico masivo. Durante esta secuencia cronolóxica consolídase de maneira definitiva a dirección exterior da corrente, que no seu destino americano rexistra cada vez maior densidade. Así e todo, os lustros aurorais da centuria difiren dos máis pretos ó seu ecuador. O proceso independentista que se xestou e consumou nos primeiros e as convulsións sociais que concitou el mesmo, crearon unhas condicións moi pouco acaídas para a entrada e o asentamento nos países en vías de emancipación. Iso contribuiu a mitigar temporalmente –que non a neutralizar- o caudal migratorio, se ben é certo que os territorios que permaneceron baixo dominio español ata 1898 continuaron absorbendo parte dos excedentes demográficos peninsulares. Superada a conxuntura adversa do primeiro tercio de século, a emigración volta recuperar a fluidez de tempos anteriores. Tampouco resultaron eficaces as prescripcións antiemigracionistas promulgadas polo Goberno español. Antes ben, propiciaron unha emigración clandestina e oficialmente incontrolada arredor da cal foi agromando un fraudulento e lucrativo negocio de tráfico de recursos humanos, de nefastas consecuencias para moitos que fuxindo da necesidade ou da miseria se embarcaban na procura de terras de promisión e limpos horizontes para labra-lo seu porvir. Quizais sexa este o período máis lúgubre, truculento e escabroso nos anais da emigración alén mar, polos abusos, vexacións e enganos que sofriron os seus protagonistas, previos á súa partida, durante a travesía e unha vez arribados ás costas americanas.

 

Remata así un ciclo de longa duración que serve de dilatado prefacio a outro moito máis curto en número de anos, pero tamén moito máis torrencial e de moi superior transcendencia na historia das relacións galegas de base co resto do mundo.

 

Vense invocando o ano 1853 como fronteira legal –que non real- divisoria entre as dúas etapas polas que transitou a corrente migratoria de Galicia cara ó Continente americano. A etapa que agora comeza difire en parte da anterior –alomenos do seu primeiro tramo- e as súas características máis salientables poderían quedar condensadas nos seguintes enunciados:

 

1.     A emigración adquire xa proporcións de masividade, mobilizando en Galicia un continxente de efectivos humanos superior ó de fases precedentes. A magnitude do fenómeno irálle conferindo a categoría de éxodo, ó afectar directa ou tanxencialmente a todo un pobo e non xa só a un segmento do mesmo.

2.     A variante migratoria exterior predomina de forma manifesta sobre a intrapeninsular, e a modalidade transoceánica sobre calquera outra.

3.     As autoridades españolas derogan a prohibición de emigrar, atenúan gradualmente as restriccións para ausentarse e mesmo fomentan as saídas do país.

4.     Os gobernantes iberoamericanos, inspirados no lema do presidente arxentino J. B. Alberdi “gobernar es poblar”, desenvolven unha política inmigratoria de atracción de poboación branca, e incentivan ós europeos que se dirixen cara os seus territorios.

 

A magnitude do fenómeno queda patente de maneira diáfana nas cifras que presenta, tanto en termos de saldos netos como de saídas brutas. Entre 1861 e 1930 Galicia perde definitivamente pola vía do éxodo máis de setecentas corenta mil persoas, o que ven representar un 41% dos censados en 1860 e un 33% dos inscritos no censo de 1930. E entre 1931 e 1960 a perda estímase nunhas duascentas oitenta e oito mil. Unha drenaxe, pois, moi ostensible do seu potencial demográfico, sobre todo se temos en conta que Galicia tiña unha poboación de un millón setecentos noventa e nove mil douscentos vintecatro habitantes en 1860 e de dous millóns douscentos treinta mil douscentos oitenta e un en 1930. Pero este cómputo, xa de por si moi avultado, resulta sen embargo moi inferior á suma total dos que se ausentaron do país entre 1861 e 1930: máis de un millón seiscentas once mil persoas, ou, o que é o mesmo, teoricamente un de cada dous galegos, o que ven representar un 38% da emigración española neste intervalo. Para a etapa seguinte (1931-1960) as saídas do país cífranse nunhas trescentas trinta e sete mil. Nun balance totalizador pódese fixar en máis de dous millóns o número de emigrantes saídos de Galicia entre 1836 e 1960 dos cinco millóns trescentos mil que partiron de todo o territorio español. Se tamén  temos en conta que a poboación galega non supoñía máis do 10% da española, decataremonos da elevada cota de participación de Galicia no éxodo peninsular durante estes anos, o que a sitúa en termos comparativos entre as rexións máis fortemente expulsivas do conxunto europeo. Todo un pobo, pois, veuse involucrado dun ou doutro xeito na experiencia ou cando menos directamente afectado por ela e polas súas múltiples consecuencias inmediatas e diferidas. Por iso non resulta hiperbólico afirmar que o éxodo impregnou ata o máis fondo o tecido social do país galego, chegando a se converter nun compoñente substancial da propia idiosincrasia das súas xentes, con incidencia en tódalas esferas da comunidade galega.

 

Se ata os anos centrais do século XIX o destino maioritario dos emigrantes galegos fora o interior da propia península, a partir de entón América toma o relevo, atraendo na década dos sesenta a cerca do 50% dos que emigran, e contra finais da centuria a un 85% dos que emprenden o itinerario do éxodo. Os enclaves de asentamento desta poboación emigrante foron, por orde de preferencia e magnitude, Cuba, Arxentina e Brasil durante o XIX, mentres que no primeiro tercio do XX Arxentina pasa a ostentar a primeira posición, seguida a considerable distancia por Cuba e máis aínda por Brasil e Uruguay. Trala Guerra Civil española de 1936-39 dous novos destinos se incorporan como focos de atracción dos galegos expatriados: México e Venezuela, rivalizando este último país con Arxentina na súa capacidade atractiva dende o remate da II Guerra Mundial ata a década dos sesenta en que dá comezo o denominado ciclo europeo, competindo coa forte atracción que exercen os núcleos españois que lideran o chamado desarrollismo distes anos.

 

Nesta etapa insírese a emigración galega a Australia, constituíndo un capítulo da emigración española a aquel continente.

 


 

 

 

 

 

 

GALEGOS CARA A TERRA AUSTRALIS INCÓGNITA

Os anos finais do século XV sinalan o inicio da etapa das exploracións marítimas dende Europa, que van supo-la expansión ultramarina dos habitantes do Vello Mundo, lanzados ó que para eles representará o descubrimento e colonización de novas terras. Ata ben avanzado o XVIII o protagonismo desta aventura corresponderalle, cáseque en exclusiva, ás monarquías española e portuguesa, se ben no caso desta última verase suplantada por Holanda no decorrer do XVII. Despois, Inglaterra emerxerá  como a incuestionable potencia colonial nos mares.

 

Se ben dende os inicios mesmo do século XV os portugueses viñeran buscando rotas alternas para o comercio das especias, que lles permitiran rompe-lo monopolio dos intermediarios veneciáns e xenoveses, e evitata-los excesivos impostos cobrados polo Imperio Otomano que controlaba as rutas terrestres e marítimas do Mediterráneo, non será ata 1498 que cheguen ó emporio das especias no noroeste da India, despois de circunnavega-las costas africanas e uni-las vías marítimas tradicionais dos mercaderes musulmáns no oceano Índico.

 

Pola súa parte, os españois non entraron ata 1492 na carreira para chegar ó Leste asiático. Os descubrimentos de Cristobal Colón e a nova ruta do Atlántico íalles permitir adiantarse ós lusos na apertura doutras vías marítimas. Pero Colón, en contra do que se esperaba, non se atopou co ansiado Cipango, senon cun mundo daquela inimaxinado: o continente americano. En 1513 Vasco Núñez de Balboa, tras cruza-lo istmo de Panamá, dá co océano Pacífico, que el bautiza como Mar del Sur. Deste modo, España, en palabras de Carlos Prieto, convertirase “na nación que pouco despois de atravesa-lo Atlántico e descubrir e empezar a poblar un Novo Mundo, descubre, recorre e mide a mais grande conca oceánica do globo, ensanchando xeográfica e culturalmente as dimensións do mundo”.

 

España non deixará de teimar no seu intento de acada-las illas da especiería. A expedición capitaneada por Fernando de Magallanes, a quen tra-la súa morte na illa filipina de Mactán sucede no mando Juan Sebastián Elcano, e que saíra do porto andaluz de San Lúcar de Barrameda en 1519 con cinco naves e douscentos cincoenta e sete homes, arriba ás Illas das Especias polo Oeste. Rodeara América, onde descubrira o estreito que leva o seu nome, e convertiuse no primeiro navegante europeo en chegar por barco ó outro océano que bautizará como Pacífico por comparación co tormentoso Atlántico. A Juan Sebastían Elcano correspóndelle a honra de se-lo primeiro en circunnavegar o mundo, pechando o circuito en setembro de 1522 cando arriba de novo ás costas de San Lúcar cunha soa nave  a Victoria.

 

O descubrimento dunha nova ruta occidental ás Molucas terá outra importante consecuencia: o establecemento da Casa de Contratación de la Especiería na Coruña. Escóllese esta cidade galega, en palabras de F. López de Gomara na súa Historia General de las Indias, en razón “de ser muy buen puerto, conveniente  para la vuelta de Indias, y cercano a Flandes, para la contratación de las especies con los alemanes y hombres más setentrionales”.

 

Os españois que circunnavegaron por primeira vez o globo, como recorda o investigador pontevedrés Amancio Landín, ignoraban as dimensións reais do océano descuberto sete anos antes por Vasco Núñez de Balboa. Descoñecían igualmente os rexímenes de ventos e correntes daquela vastedade mariña, así como a existencia de grandes zonas sementadas de fondos coralíferos e de atolóns orlados por perigosas barreiras madrepóricas. Estaban alleos ás graves dificultades do regreso ó Novo Mundo, sólo superadas tra-lo descubrimento da tornaviaxe por Andrés de Urdaneta en 1565, achádego de especial importancia que inaugura a liña de navegación mercantil de maior persistencia no mundo, coñecida en México como nao da China ou galeón de Manila, e como nao de Acapulco en Filipinas.

 

  A pobreza de instrumentos náuticos naqueles tempos era só comparable ó seu excepcional olfato mariño, porque é ben coñecido que a determinación da lonxitude xeográfica requeriría a utilización do reloxo mariño ou cronómetro perfeccionado, que non aparece ata o século XVIII; sen embargo, valéndose de rudimentarios astrolabios, cuadrantes ou ballestillas, calculaban a latitude con sorprendente precisión.

 

Como continúa A. Landín, para ter unha lixeira idea do dinámico entusiasmo con que España afrontou a exploración do Pacífico, na zona comprendida entre as latitudes dos 40º ó Norte e ó Sur da línea equinoccial, abondará con recordar que en tan só os oitenta e seis anos que van dende a expedición de Magallanes á derradeira de Fernández de Quirós fican descubertos para Europa a maior parte dos grandes arquipiélagos de Oceanía. Non se deterá aquí o empeño español por tomarlle as medidas o inacabable océano, pero a simple enunciación do feito nos oito primeiros decenios danos unha idea cabal da magnitude daquela tarefa, non poucas veces silenciada por razóns de Estado, o que levou a que moitos dos memoriais realizados permaneceran arrumbados no Archivo de Indias de Sevilla. Con todo, entre 1520 e 1607 as cartas náuticas dos nosos navegantes enriquecense de illas  correspondentes ós arquipielagos  hoxe chamados de Bonin, Volcano, Filipinas, Palaos, Marianas, Carolinas, Marshall, Gilbert, Ellice, Galápagos, Revillagigedo, Juan Fernández, Salomón, Santa Cruz, Nuevas Hébridas, Marquesas, Tuamotu, varios próximos a Nova Guinea e Australia, e posiblemente ó mesmo de Hawai. Non sen razón pode admitirse a hipérbole de que o mais grande dos océanos se convertira no lago español.

 

Galicia, un dos reinos que conforman a Coroa de Castela nos inicios da Idade Moderna, contaba cunha ben acendrada tradición mariñeira e Atlántica, como se ía reflectir unha vez máis  nos descubrimentos protagonizados polos seus fillos  nos Mares do Sur no século XVI, e que continuarán a un ritmo menor xa ata ben entrado o XVIII.

 

Cómpre destacar dende os primeiros momentos das exploracións oceánicas a presencia de navegantes de orixe galega, que desempeñarían un importante papel. Así, as primeiras participacións de galegos nas exploracións nos Mares do Sur veñen dadas pola presencia de persoas desta orixe nas exploracións realizadas polos portugueses que, tras cruza-lo cabo de Fornos, os levarían nun primero momento ás costas da península índica e logo ás Indias orientais.

        

Entre eses galegos é de xustiza destacar a Juan da Nova, descendente dunha familia fidalga  que acabou establecéndose en Lisboa, polo que é alcumado El Gallego. Descoñécese a súa procedencia concreta, aínda que A. Landín sinala como o seu posible lugar de orixe a cidade de Pontevedra.

 

         O 4 de marzo de 1501 Juan da Nova embarca no porto de Lisboa como capitan maior ó fronte dunha frota de catro naves. Despois dunha primeira travesía a Brasil, volve cruza-lo Atlántico cara á costa africana, onde descubre a actual illa de Ascensión, á que chama da Concepción. Despois de salvar Fornos se dirixe á costa india, onde funda (na localidade de Cananore, provincia de Madrás) unha nova factoría portuguesa. Na viaxe de regreso ó porto lisboeta descubre na costa atlántica africana a illa de Santa Helena.

        

En 1505 Juan da Nova volve a embarcar. Nesta ocasión na flota capitaneada por Francisco de Almeida, primeiro vicerrei da India portuguesa. Durante esta travesía se descubren as illas de Ceilán e Maldivas e participa activamente na exploración das costas de Madagascar, dándoselle o seu nome a unha illa situada no canal malgache.

        

A presencia galega nas expedicións casteláns polo Océano Pacífico remóntase á data tan temperá coma a viaxe de circunnavegación do mundo, capitaneda por Fernando de Magallanes. A participación galega nesta nova aventura protagonizada por douscentos sesenta e cinco  homes vén da man de mariñeiros como Antón de Noia, Luís de Veas, Vasco Gómez, Juan Gallego, Luis de Avendaño, Rodrigo Nieto, Vasco Gallego, Pedro Gallego, Rodrigo Gallego e un longo etcétera. O 10 de agosto de 1519 a escuadra formada por cinco naves (Trinidad, San Antonio, Concepción, Victoria e Santiago) sae do porto de Sevilla, e tras facer varias escalas nas Canarias, Cabo Verde e Rio de Janeiro, descubre un paso no extremo meridional do continente americano, e que será coñecido como Estreito de Magallanes. Na súa viaxe polo novo océano hai numerosas desercións e intentos de rebelión. Por fin os expedicionarios logran arribar ás illas Filipinas e nunha destas, Mactán, morre Magallanes tras un enfrontamento cos indíxenas. O número de naves queda reducida a dúas: a Victoria, capitaneada por Elcano, e a Trinidad, baixo as ordes de Gonzalo Gómez de Espinosa. A primeira delas continúa a ruta inicial prevista por Magallanes: recala nas Molucas, onde embarca cravo, canela, sándalo e noz moscada, cruza o Indico e circunnavega Africa, chegando ó porto de San Lúcar o 6 de setembro de 1522, con dezaoito mariños a bordo, un dos cales, Diego Gallego, é veciño de Baiona (localidade da provincia galega de Pontevedra).

        

A outra nave, a Trinidad, en mal estado e ante a imposibilidade de seguir á capitana, trata nun primeiro momento de regresar a América cruzando de novo o Pacífico, pero ante o fracaso neste intento limítase a realizar dende a illa de Tidore unha serie de viaxes que permitirán  descubrir novas illas pertencentes ós arquipiélagos das Palao e das Marianas, como as Doi e Morotai, e a de Sonsorol. Entre os tripulantes deste navío figura Gonzalo de Vigo ou Gonzalo Álvarez, o cal vai desertar xunta dous compañeiros nunha das Marianas, problablemente Maug. Nela permanecerán ata que son encontrados pola nave Santa María de la Victoria, integrante da expedición de García Jofre de Loaisa ás Molucas. Despois de embarcar nesta, os tres trasládanse a Tidore, onde Gonzalo de Vigo prestará servicio como intérprete. O destacado mariño e cronista deste periplo, Andrés de Urdaneta, relata que “un gallego que se llamaba Gonzalo de Vigo, que quedó en estas islas con otros dos compañeros de la nao de Espinosa, los otros dos muriendo, quedó él vivo, el cual vino luego a la nao e nos aprovechó mucho, porque sabía la lengua de las islas”.

        

Pero, sen dúbida algunha, o principal vencello de Galicia co Océano Pacífico virá dado pola instalación na cidade da Coruña da Casa de Contratación de la Especiería, creada pola Real Cédula asinada por el-Rei Carlos I en Valladolid con data 24 de decembro de 1522. Gracias a ela A Coruña adquiría a exclusiva de organiza-las expedicións que habían de ir “a las yslas de Maluco y a otras partes donde huviese espeçiería”. As varias expedicións que se emprenden dende a Casa de Contratación coruñesa serán alentadas polo conde Fernando de Andrade. Saen entre 1525 e 1529 catro expedicións ó Pacífico oriental, participando, segundo as expedicións, banqueiros alemáns , españois e flamencos.

 

A primeira, dirixida por Esteban Gómez, navegante de orixe portugués, faise á mar en marzo de 1525 coa finalidade de buscar un novo paso na parte norte do continente americano que permita ir ás Molucas. Tras percorrer infructuosamente a costa desde Florida a Terranova, ten que regresar ó porto do que saíra.

        

A segunda expedición, baixo o mando do comendador García Jofre de Loaysa e que tiña como piloto a Juan Sebastián Elcano, está composta por sete navíos, que saen ó mar o 24 de xullo de 1525. Antes, el-Rei Carlos I concéderalle ó comendador o título de Capitán General de la Armada y Gobernador de las Islas de Maluco, como se recolle nun extenso documento do que se reproduce un extracto:

 

“Por cuanto Nos mandamos ir al presente una armada á la continuación y contratación de la especiería á las nuestras islas del Maluco, donde habemos mandado que se haga el asiento y casas de contratación... por ende acatando la persona y experiencia de vos Frey García de Loaisa, Comendador de la orden de san Juan, que sois tal persona que guardareis nuestro servicio, é que bien y fielmente entendereis en lo que por Nos vos fuere mandado y encomendado; es nuestra merced y voluntad  de vos nombrar, y por la presente vos nombramos por nuestro Capitán general de la dicha armada, desde que con la bendición de nuestro Señor se haga a la vela en la ciudad de la Coruña, hasta llegar a las dichas islas, ... y vos damos poder y facultad  para que por el tiempo que nuestra merced y voluntad fuere, podais usar, e useis de los dichos oficios de nuestro Capitán general de la dicha armada, e de nuestro Gobernador y Capitán general  de las dichas islas de Maluco, asi por mar como por tierra ... e hayais y tengais la nuestra justicia cevil e criminal en la dicha armada, y en las dichas islas y tierras de Maluco, asi de naturales dellas, como de todas otras cualesquier personas, asi de nuestros reinos e señoríos, como de fuera dellos que en ellas estuvieren, e de aquí en adelante a ellas fueren, e de las que fueren e anduvieren en la dicha armada... Y es nuestra merced , y mandamos que hayais de salario en cada un año de los que ansi vos ocupárades en lo susodicho... dos mil e novecientos y veinte ducados, que montan un cuento y noventa y cuatro mil y quinientos maravedis, los quales mandamos a nuestros oficiales que  residen en la dicha ciudad de la Coruña en la Casa de Contratación de la especería, que vos den y paguen en esta manera: los ciento y cincuenta  mil maravedis luego adelantados, que es nuestra merced de vos mandar dar con que os adereceis, y proveais de las cosas necesarias para el viage , y lo restante, que se montare en vuestro salario a razón de los dichos un cuento y noventa y cuatro mil y quinientos maravedís por año por año, a la vuelta que volvais a estos Reinos en llegando a ellos en la dicha Casa de Contratación de la especiería, sin nos pedir nueva libranza para ello...”

    

As condicións da viaxe provocan a perda de varios barcos e só unha parte da flota cruza o Estreito de Magallanes. Unicamente a nave Santa María de la Víctoria chega ás Molucas.

        

Durante a viaxe polo Oceano Pacífico se afasta da expedición a San Lesmes, con trinta e dous homes, dos que aproximadamente a metade eran galegos, segundo a relación que publica R. Hervé, tirada a súa vez do documento conservado no Archivo General de Indias de Sevilla (Contaduría, legajo 427, ramo 8, folio 123 ro.-125 vo.):

Francisco de Oçes, capitan desta caravela, hijo de Fernando de Oçes, defunto, y de Lionor de Bargas, vecino de Cordova.

Diego Lopez, criado del Francisco de Oçes, fijo de Bartolome Sanches de Monrroy, defunto, y de Mari Lopes, naturales de Monrroy.

Juan de Bolivar, clerico, hijo de Gonzalo de Bolivar, defunto y de Mari Ortis de la Herera, vecinos del Valle de Salzedo.

Bartolomé Dominguez (sobresaliente), hijo de Pedro Domingues, vecino de la Coruña, defunto, y de Maria Alonso, de la feligresia de San Niculas.

Petre Rux, condestable de los lombarderos desta nâo, no tiene padre ni madre.

Johan de Rauman, lombardero, natural de Arrauman, casado con Agueda de Cortynes.

Enrique de Pomar, lombardero, natural de Pomar en Alemania, casado con Beatris de Trabay ques y esta en La Coruña.

Johan Sanches, marinero y piloto de Poniente a Levante, natural de Calis, no tiene padre ni madre.

Ortiño de Alango, piloto de Portugalete, hijo de Ortuño de Alango, defunto, y Maria Ochoa de Butron.

Rodrigo Varela, maestro de la nâo, casado con María Alonso, vecino de La Coruña en la feligresia de San Jorje.

Pedro Guerra, contramaestre de la dicha nâo Santo Lesmes, casado con Sancha de San Pedro, de la feligresia de Santo Tomas.

Johan Dasagras, marinero y despensero, hijo de Pedro Rodrigues e de Maria Dasagras, vecinos de La Coruña, de la feligresia de Santo Tomas.

Gonzalo Yanes, vecino de La Coruña, marinero y carpintero, casado con Yñes Calada, de la feligresia de San Jorje.

Fernendo de Baldayo, calafate, vecino de La Coruña, casado con Maria Alonso, a la colación de San Jorje.

Gonzalo Fernades, marinero, casado con Yñes Fernandes, vecino de La Coruña, de la feligresia de San Nicolas.

Johan Garcia, marinero, hijo de Fernan Garcia y de Maria des Fernos, vecinos de La Coruña, de la feligresia de San Niculas.

Johan Lopes, de La Coruña (marinero), casado con Maria Fereyrina, de la feligresia de San Jorge.

Alonsa de Parga, marinero, vecino de La Coruña, casado con Constança Orves, de la feligresia de San Niculas.

Alonso Rodrigues, marinero, vecino de La Coruña, casado con Maria Domingues, de la feligresia de San Niculas.

Juan de Arratran, marinero, natural de Bilbao.

Garcia Martin, marinero, vecino del Puerto de Santa Maria, no tiene padre ni madre.

Diego Ollero, marinero, vecino del Puerto de Santa María, casado con Marina Rodrigues.

Pedro Xuares, grumete, no tiene padre ni madre, natural de Bibero.

Pedro de los Casares, grumete, hijo de Fernando de los Casares, defunto, y de Marina Dorada.

Pedro de Sarria, gromete, natural de Maman, de la feligresia de San Salvador, junto de Sarria, no tiene padre ni madre.

Sancho de Turçios, gromete, hijo de Johan de Paços, naturales de Turçios.

Adan de Toro, gromete, natural de San Lucar, no tiene padre ni madre.

Pedro de Valladolid (gromete), natural de Valladolid, no tiene padre ni madre.

Johan de Dios, paje, hijo de Garcia de Dios, defunto, y de Juana de las Fragas, natural de las Fragas, tierra y obispado de Burgos.

Johan Peres, paje, hijo de Diego Allero, marinero, y de Marina Rodrigues, natural del Puerto de Santa Maria.

                  

       Por moito tempo especulouse sobre o seu destino final. O seu rastro pérdese o 1 de xuño de 1526. Segundo diversas investigacións, poido ser o primeiro navío europeo en albiscar as costas do novo continente australiano. Así, o investigador australiano Robert Langdon, responsable do Departamento de Manuscritos da Universidade Nacional de Canberra, publica en 1975 a obra The Lost Caravel (o título mesmo evoca a carabela perdida), na que a partir de diversas observacións antropolóxicas e lingüísticas sinala que a San Lesmes perrecorreu o arquipiélago de Tumatou, onde divisou por primeira vez, entre outras, as illas de Amanu, de Hao e Anaa, e nas que se asentaron algúns tripulantes. O resto, na mesma nave ou con outra embarcación local ou de nova construcción,  segue rutas distintas: unha parte prosigue cara ó arquipiélago de Sociedad (illa de Raiatea) e ás Cook, para chegar posteriormente ás grandes illas de Nova Celandia; outro grupo diríxese dende Anaa cara ó levante, chegando a Raroia, Takume, Napaku, Fangatau, Tatakoto, Nukatuvake e Vahitahi. Para R. Langdon, estas etapas non se cubriron dun xeito continuado; antes, en moitos casos, deberon mediar longas estancias nas illas, nas que algúns mesmo afincarían criando así unha descendencia, aínda perceptible, de sangue mestizo.  O profesor de Canberra considera mais probable que estes descendentes  protagonizaran a migración que el documenta ás outras illas.

        

Unha tese que goza hoxe de máis predicamento é a presentada por Roger Hervé, conservador do Departamento de Cartas e Planos da Biblioteca Nacional de París, no seu libro Découverte fortuite de l'Australie et de la Nouvelle-Zélande par des navigateurs portugais et espagnols entre 1521 et 1528, publicado en 1982. No volume, a partir dunha moi documentada representación cartográfica dun amplo teritorio denominado Xava a Grande (que en diferentes mapas da escola do porto normando de Dieppe ocupa o lugar correspondente ó continente australiano, con referencias ó seu descubrimento por navegantes portugueses e españois entre 1521 e 1528), chega á conclusión de que a ruta tomada pola San Lesmes a levou ata as costas de Nova Celandia e Australia. Para R. Hervé, o elemento decisivo para o primeiro avistamiento europeo de Australia e a derrota seguida pola San Lesmes, unha vez que se perde da flota de Loaysa. Ante a imposibilidade de regresar a España a través do Estreito de Magallanes, a carabela pon rumbo ó sur e descubre a illa de Santa Inés, sobre os 53º de latitud austral, chega ó estreito de Drake e as illas Shetland do Sur, non lonxe da Antártida. Ventos do sudeste obrigan á nave a tomar a dirección noroeste, o que lle permite concluir tan longa etapa avistando ás Antípodas e, finalmente, a costa sudoriental do arquipiélago novocelandés. A información cartográfica diepperiana permítelle a Hervé concluír que o avance cara poniente aconselloulle a Alonso de Solís, á sazón capitán da San Lesmes, navegar en procura das Molucas, polo que aproveita o vento favorable que lle leva ás augas meridionais de Australia. A tripulación desembarca na illa de Tasmania e, posteriormente,  pasa á terra continental do actual estado de Victoria (desembarcando quizais perto das dunas de Warnambool). Prosegue a súa viaxe ó longo da costa oriental de Australia ata o extremo septentrional da península de York, permanecendo por un tempo na badía de Rockhampton, zona abundante en topónimos nas cartas dieppesas. Apunta o investigador francés a posibilidade  de que á altura de 1528, nun punto indeterminado da Australia septentrional, se atopasen os supervivintes da San Lesmes coa segunda expedición portuguesa capitaneada por Gomes de Sequeira. Apúntase como posible que a memoria destes descubrimentos se perdera pola rivalidade cos portugueses, que disputaban a España a posesión das Molucas. Como insiste Hervé, moitos dos descubrimentos permaneceron ignorados e gardados baixo sete chaves no Archivo de Indias de Sevilla por motivos de seguridade do Estado. Un recordo confuso desta navegación só aparece en textos portugueses da época. E temos tamen a mención enigmática do planisferio de Petrus Plancius, de 1592 sobre “os descubrimentos feitos no Océano Austral por un navío español separado da súa flota”. Esta mención non recibiu nunca explicación ata este momento. Teriamos, pois, nos tripulantes da nave saída do porto coruñés en 1525 os primeiros europeos en pisar territorio australiano.

        

Unha terceira expedición, formada por tres naves capitaneadas por Diego García de Moguer, sae do porto galego de Fisterra, pero se vai limita-la exploración do esteiro do Río da Prata e a costa arxentina.

 

A cuarta expedición, organizada por Simón de Alcazaba, non chega a saír, a pesar de que este mariño de orixe portuguesa crea no porto da Coruña uns asteleiros para construí-las naves coas que pretendía face-la viaxe.         

 

Ante o fracaso destas expedicións e as presións de Lisboa, el-Rei cédelle á Casa Real Portuguesa (Tratado de Zaragoza, 1529) os dereitos sobre as illas da Especiería, motivo polo que desaparece a Casa de Contratación de la Especiería da Coruña.        

Esta primeira metade do século complétase coa expedición de Miguel Noble, contramaestre da nave Santiago, de 144 toneladas de arqueo. O barco diríxese dende México, en 1536, a prestar axuda ás tropas de Francisco de Pizarro, que estaban en Perú. Unha vez auxiliadas e de regreso, no mes de abril de 1537 o capitán do Santiago, Hernando de Grijalva, decide adentrarse no Océano Pacífico á busca de novas terras. Despois de varios meses de navegación sen atopar ningunha traza de terra firme, e rematadas as provisións, a morte cébase na tripulación, falecendo o propio capitán; outras fontes falan dun motín a bordo. Fora como fora, ponse ó mando do navío a Miguel Noble, que percorre a costa de Nova Guinea e illas próximas como Supiori, Ninigo, Japen e Biak. Varios dos marinos deciden quedarse en Nova Guinea, entre os que se encontra o propio Miguel Noble, onde son apresados polos papúas e, posteriormente, pasan ó servicio dos portugueses.

 

Na segunda metade de século XVI destacan as expedicións organizadas por Alvaro de Mendaña e Neira, nobre de recoñecida orixe galega (hoxe cuestionada por algúns historiadores da comarca leonesa do Bierzo, limítrofe con Galicia), que van permitir o descubrimento das Salomón e das illas Marquesas e de Santa Cruz.  

A mediados da centuria esténdese unha serie de lendas que falan de enormes riquezas en lugares do Pacífico como Havachumbi e Ninachumbi. Sinala A. Landín que o prelado e político Pedro de La Gasca puido alentar esas conxecturas no escrito que, como presidente da Audiencia peruana, remite a el-Rei o 2 de maio de 1549, e no que lle informa que “parece que esta mar del Sur está sembrada de islas muchas ... y podría ser que en las que están debajo de la equinoccial, o cerca della, hubiese especería, pues están en el mismo clima que las de los Molucos”.  Anos despois, arredor de 1553, o historiador Pedro Cieza de León, en La Guerra de Quito, escribe: “Noticia muy grande se tiene, entre los bárbaros moradores de los valles que están entre los arenales confinantes a la mar austral, que hay muy grandes islas, pobladas de gentes ricas y abastadas de muchos metales de oro y plata, y bien proveidas de arboledas fructíferas y de otros muchos mantenimientos”.

 

O clima creado propicia que xurdan expedicións dende a costa peruana que tratan de buscar estas novas terras. Entre esas tentantivas organízanse en 1561, gracias ó apoio do gobernador de Perú, os primeiros preparativos para unha, que fructificarán coa saída, seis anos más tarde, dos navíos Los Reyes  e Todos los Santos (cun porte respectivo de trescentas e duascentas toneladas). Ó fronte desta pequena flota figura Alvaro de Mendaña e Neira, sobriño do gobernador Lope García de Castro, e na mesma enrólanse outros navegantes galegos como o piloto maior, Hernán Gallego, o escribán e factor real Gómez Fernández Catoira e Pedro Sarmiento de Gamboa, destacado mariño pontevedrés quen máis adiante terá un importante papel nunha serie de descubrimentos na zona do Estreito de Magallanes. Despois de varios avistamentos de illas menores chegan ás Salomón, establecéndose na bautizada como Santa Isabel. Sarmiento, como cronista da expedición, relata o avistamento de terra nos seguintes termos, segundo o manuscrito que se conserva no Arquivo de Indias: “Del miércoles al jueves 15 de enero por el Oeste guiñado a la cuarta del Sudueste 20 leguas, altura 7 grados escasos Este, ya fue Dios servido de consolarnos con vista de tierra, la cual vido un moço llamado Trejo desde la gavia, como a las nueve horas del día, la vuelta del Sudueste y certificados que era tierra, con grandísimo regocijo dimos gracias al Señor y cantamos en alta voz el Te Deum laudamos, suplicándole nos diese su gracia para que le acertásemos a servir en tan gran negocio como empeçábamos, descubriéndose nuevas tierras a donde se divulgase y predicase la palabra evangélica. La tierra que vimos era pequeña y baja, y por esto el piloto Hernán Gallego no quiso arribar sobrella, diciendo que él no la quería tomar porque despoblada y sin provecho. Pedro Sarmiento, como entendió esto, dixo a voz alta que fuesen a ella y que era poblada, que de allí podrían tomar guía y lengua para lo adelante y que pues que no venían sino a descubrir y no a barloventear... “.

 

Na Santa Isabel constrúen un pequeno bergantín, Santiago, que lles permitirá coñecer o resto do arquipiélago e chegar e explorar illas como Ramos, Galera, Buenavista, Guadalupe, Sesarga e Guadalcanal, esta última a máis importante e á que deciden transladar a seu centro de operacións. Pero en Guadalcanal se producen enfrontamentos cos nativos, caendo en combate varios españois. A conclusión é que os supervivientes cambian a súa base, instalada agora na illa de San Cristóbal, dende a que continúan a realizar novas exploracións. O propio Alvaro de Mendaña, na súa relación que se conserva no Archivo de Indias de Sevilla, introduce tamén aspectos antropolóxicos dos indíxenas:

 

“Hay en esta isla diferentes colores de indios; unos son de la color de los del Pirú y otros negros y algunos blancos, son los que salen poco de sus casas, y muchachos. Enrízanse todos y enrúbianse muchos, y algunos son rubios de su natural. Las mujeres son de mejor gesto y aún más blancas que las indias del Pirú, pero aséanse muchos por tener los dientes negros, que de industria los tienen, ansí hombres como mujeres; los niños y las niñas son de buen geto, y no parecen tan mal por tener los dientes blancos. Traen las mujeres corto el cabello, que no les llega a los hombros, y muy rubio. Los indios se trasquilan de muchas maneras: unos con coronas, como frailes, otros se cortan el cabello como nosotros, otros se trasquilan casi media cabeza de hacia el colodrillo, otros dejan un pedazo de cabello que parece una gorra puesta de lado, otros dejan unas guedejas que les crecen tanto que, de encima de la oreja, llega hasta debajo de los pechos, y traenla hecha una trenza, otros no se trasquilan y hacen unos rizos a manera de tocado, que enrizan el cabello por las puntas por un lado y por otro, hasta llegar sobre las orejas, y después hacen otro rizo muy menudo por medio de la cabeza, que toma del colodrillo a la frente...

 

Traen la lengua y labios muy colorados y se los colorean con una hierba que comen, que tiene la hoja ancha y quema como pimienta, y con cal se hacen de lucayos blancos, que es una piedra que se cría en la mar como el coral; mascando esta hierba y teniendo desta cal en la boca, hecha un zumo colorado que es el que les hace tener siempre muy colorada la lengua y labios, y también se pintan con este zumo la cara por gallardía. Aunque más que en esta hierba, no se tiene el zumo colorado si no le mezclan con la cal dicha”.

 

E continúa:

 

“La música que ellos tienen son muchos canutillos de cañas juntos, puestos por su orden, unos mayores que otros, a manera de órgano, los cuales tocaban con la boca, como quien toca pífano, y unos caracoles grandes a que ellos llaman coflís. Luego mandé que tocasen alguna trompeta y pífano, y después cantaron algunos soldados, tocando una vihuela; admiráronse de ver nuestros instrumentos, y más de oír cantar. Danzaron luego, que son muy amigos de danzas, y como yo les daba algunos regalos y les hacía buen tratamiento y les mostraba mucha amistad, me venían a ver cada día, aunque con poca comida; y cada vez que venían al navío traían sus armas”.

 

Ante a situación creada cos indíxenas e as dificultades para a súa instalación deciden regresar a América, optando por realizar unha travesía polo norte do Pacífico, o que lles permite descubrir algunhas illas pertencentes ó arquipiélago das Marshall e San Francisco (actual Wake). Pedro Sarmiento de Gamboa  pretendía seguir unha ruta máis meridional, que segundo a súa teoría os aproximaría a unha gran masa de terra firme, presumiblemente o continente australiano.

        

O desexo de facer un asentamento nas Salomón obriga a Mendaña a desprazarse ó Reino, onde presenta en maio de 1572 unha petición en tal sentido ó Consello de Indias. Por fin, a autorización real do 27 de abril de 1574 garántalle a Alvaro de Mendaña o dereito a poboar aquelas illas. Trasladado de novo a América, a nova empresa non prospera pola enemistade co novo vicerrei e por problemas económicos, e retrásase ata 1595. Neste ano sae unha nova flota formada polas naves San Jerónimo e Santa Isábel, o galeote San Felipe e a fragata Santa Catalina, que levan embarcadas a un total de trescentas setenta e oito persoas; entre estas atópanse varios nenos e mulleres, xa que a intención última da expedición era instalar unha colonia permanente. Acompañaban a Mendaña varios membros da sua familia, a súa muller Isabel Barreto e tres irmáns dela.  Nesta flota figura como piloto mayor Pedro Fernández de Quirós, portugués o servizo de España que é bautizado por Carlos Prieto como o Don Quixote do Océano pola súa actuación nunha expedición posterior que o levará a descubrir novas terras que el nomea Austrialia en honra do seu monarca Felipe III de Austria.

     

Esa armada sae o 9 de abril do porto de Paita (Perú) e, despois de aprovisionarse en diferentes portos da costa norte, adéntrase no océano o 16 de xuño, trazando un rumbo oeste-sudeste. Nesta travesía vai chegar a un novo arquipiélago bautizado como Marquesas de Mendoza, actuais Marquesas, dando nome a illas como a Magdalena (a actual Fatu Hiva), San Pedro, Mohotani, Domínica, Hiva Oa, etc. Na crónica da viaxe descríbense así os habitantes delas:

 

“Casi blancos y de muy gentil talle; grandes, fornidos, membrudos, bueno el pie y la pierna, y manos con largos dedos; buenos ojos, boca y dientes, y las demás facciones; de carnes limpias, en que mostraban bien ser gente sana y fuerte; hasta en el hablar eran robustos. Venían todos desnudos, sin parte cubierta; los cuerpos y rostros todos muy labrados con un color azul, y dibujados algunos pescados y otras labores; los cabellos como mujeres, muy crecidos y sueltos, algunos los traían torcidos y con ellos mismos daban vueltas; eran muchos de ellos rubios y había lindos muchachos, que cierto para gente bárbara y desnuda era el gusto el verlos, y había mucho de que alabar a su Criador”.

 

No seu camiño cara ás Salomón continúan a atopar máis terra firme, como a San Bernardo (hoxe en día illas Danger) e a Solitaria (Nurakita), pero durante a viaxe perden a nao capitana e, tras atracar na Santa Cruz (na actualidade Nendo), estala unha epidemia entre a tripulación que afecta ó propio Álvaro de Mendaña, quen falece o 18 de outubro de 1595 despois de dictar testamento no que nomeaba a súa muller, Isabel Barreto, como adelantada e gobernadora das terras recén descubertas. O posto de capitán xeneral ocuparíao o seu curmán Lorenzo Barreto, aínda que por moi breve tempo pois morre dun frechazo poucos días despois. Isabel Barreto asumirá tamen o posto de  capitana xeral da flota.

        

A decisión é embarcar, e despois dunha primeira tentativa fracasada por chegar ás Salomón Isabel Barreto pon proa cara a Manila. A epidemia, sen embargo, negábase a abandona-los exploradores, o que ocasiona a perda do San Felipe e a Santa Catalina. Tras percorre-las Carolinas orientais (Ponape) e as marianenses de Rota e Guam, a San Jerónimo e a Santa Isabel chegan á costa filipina, fondeando na baía de Manila o 11 de febreiro de 1596. Nesta cidade Isabel Barreto volverá a contraer matrimonio, en maio do devandito ano, con Fernando de Castro, natural das Nogais (aldea da provincia galega de Lugo),  cabaleiro da orde relixiosa de Santiago e sobriño do gobernador e capitán xeral das Filipinas, o tamén galego Gómez Pérez das Mariñas Ribadeneira. O matrimonio emprende viaxe de retorno e arriba a Acapulco, para establecerse posteriormente en Perú, onde Fernando de Castro foi gobernador e xustiza maior de Castrovirreina.

      

Os avatares da segunda expedición de Mendaña constitúen o motivo central do relato de Robert Graves Las islas de la Imprudencia, publicado orixinalmente en 1949 e que foi traducida ó castelán  en 1995.

    

En decembro de 1605 Pedro Fernández de Quirós saía do porto de El Callao coa misión de concluir a colonización ata entón fallida das Salomón. Tampouco conseguíu Quirós coloniza-las, e o mesmo lle pasou coas illas de Santa Cruz,  se ben descubríu outras, antes de regresar á Nova España, como as da Austrialia del Espíritu Santo (Nuevas Hébridas).  Nestas permanece a nave almiranta a cargo de Luís Váez de Torres, quen ía descubrir o estreito que separa Nova Guinea de Australia.

        

No século XVIII, coincidindo coa época do reformismo borbónico e a necesidade de reafirmar as posesións españolas fronte ó expansionismo doutras potencias europeas, xorde un renovado interese polas exploracións no océano. Así, a mediados da centuria, e seguindo as instruccións do vicerrei do Perú, Manuel de Amat y Junyent, sae unha expedición coa finalidade de explorar as illas pacíficas próximas ó continente americano.   

 

Nestas primeiras aventuras mariñas participa Cayetano de Lángara y Hugarte, nado en Ferrol en 1738, quen embarca no navío San Lorenzo baixo as ordes do capitán Felipe González de Haedot. Na viaxe recoñecen a illa de Pascua, tamén chamada de David ou de San Carlos, realizando o primeiro plano completo e preciso da mesma, no que se rexistran tódolas súas particularidades, (levan o nome do ferrolán unha enseada e un farallón. Alí dirixe o boxo da illa).        

 

En 1772, e como froito desta mesma política, saen dende Perú varias flotas para explora-la Polinesia do Sur e máis concretamente Tahití, a maior das illas de Sociedad. A última desas expedicións foi capitaneada por Cayetano de Lángara, en 1775.

        

Tamén navega ás costas do Pacífico oriental Francisco Seijas y Lobera, natural da cidade galega de Mondoñedo, quen percorre as costas de China e Siam e atravesa posteriormente o Pacífico.

        

Pero quizais o navegante galego máis destacado neste século é Francisco Mourelle de la Rúa. Este home, natural da pequena aldea de Corme e formado na Escuela de Pilotos de Ferrol, participa nas expedicións á costa septentrional de América e chegou ás costas de Alaska. En 1780 atópase en Manila, onde recibe a orde de tomalo mando da Princesa, coa que debe atravesalo Pacífico ata a costa de México. Durante esas singraduras vese obrigado a seguir un rumbo máis meridional que o h